jueves, 20 de septiembre de 2018

CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE DE XUSTIZA


Día: 27.09.18
Hora: 10.00 h
Lugar: EGAP, aula núm. 1 - Colmeiro (planta baixa)


Na orde do día, como podedes comprobar ao final que publicamos os seus puntos, a Administración o único que fai é intentar xustificar os varios requerimentos feitos pola Inspección de Traballo da Coruña, iniciados coas denuncias interpostas por STAJ en materia de saúde laboral, e que o próximo mes de octubre ten que presentalas ante a Inspección de Traballo.

Toda esa información, relativa ás nósas denuncias, queda reflectido no  noso blog e que informamos puntualmente nas datas: 

13/10/2017 (solicitude de convocatoria entre outros temas (accidentes de traballo  e protocolo de acoso realizado por STAJ),

12/06/2018 (información relativa á denuncia de STAJ de data 7/9/2017 sobre falta de formación, avaliación de riscos, accidentes de traballo, etc... 

10/07/2018 (traballos de campo  no SCNE de Santiago de Compostela), entre outras, 

e despois de tanta denuncia parece que a Xunta púxose as pilas  comenzando a dar os seus froitos tales como;  se están impartindo cursos de primeiros auxilios e facendo o plan de emerxencia e evacuación de edificios xudiciais na Coruña, avaliación de traballos de campo,  accidentes de traballo, información sobre obras en edificios... etc...(se tendes calquera suxerencia sobre estes temas podedes facela chegar a través do nóso correo electrónico).

A Orde do día queda como segue: 

·         Cursos de formación en materia de prevención de riscos laborais  
·         Avaliación de traballos de campo 
·         Investigación de accidentes de traballo
·         Información respecto de:
o   Avaliación de riscos realizadas en edificios xudiciais.
o   Plans de emerxencia e evacuación de edificios.
o   Adaptacións de postos e adscricións por motivos de saúde.
o   Accidentes de traballo e enfermidades profesionais 2018
·         Programación 2019
·         Información respecto de obras en edificios
·         Rolda libre de intervencións

DESDE STAJ TRABALLAMOS VIXIANDO A SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO PORQUE A NOSA PRIORIDADE ERES TI!!!

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.