lunes, 13 de agosto de 2018

SPJ-USO, UGT, CSIF, CCOO e a XUNTA pretenden parar as eleccions sindicais en Pontevedra.

Unha vez máis os Sindicatos máis subvencionados pola Xunta SPJ-USO, UGT, CSIF e CCOO volven a actuar en conxunto coa Conselleria de Xustiza para intentar parar  a promoción das eleccions sindicais que STAJ fixo na provincia de Pontevedra.

Ao unísono estes catro sindicatos e a propia Consellería impugnaron o preaviso de eleccións, buscando que non teña lugar a expresión máxima da democracia que vós tanto demandades. 

Xa non se lembran, uns e outros, cando fai pouco máis de tres meses, pedían votar como fose un preacordo que xa tiñan pechado entre eles semanas antes, e que supuxo alongar o conflito ata que, pouco a pouco, o foron destrozando para poder vender mellor e coa mínima resistencia as bondades de esa deslealtade.

Daquela os catro sindicatos e o Vicepresidente pedian votacións que lles validase un mal preacordo acadado a vosas costas e enchíanselles a boca coa palabra "democracia". E cando se votou como non lles gustou o resultado, pedian repetir as votacións, "democracia a carta". Agora xa non queren votar, nin queren que votedes e van a facer o imposible para que non suceda.

O Venres 17 de agosto estamos citados a un Laudo Arbitral en Vigo, donde os catro sindicatos en unión coa Xunta van intentar paralo proceso electoral, tentaremos impedilo e darvos voz nas eleccións.

Ver a citación ao Laudo Arbitral

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.