jueves, 9 de agosto de 2018

A EGAP convoca curso de riscos laborais para persoal dos Xulgados de A Coruña.

No DOG de hoxe convócase pola EGAP un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.
Requisitos das persoas participantes
Persoal que presta servizos nos seguintes centros da Coruña:
– Edificio Administrativo da Coruña.
Xulgados da Coruña.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Ver convocatoria no DOG

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.