domingo, 8 de abril de 2018

En agradecemento a todos os que fixemos o camiño.... xuntos

Onte voltamos a percorrer as rúas de Santiago para gritar xuntos os catro ventos e cunha soa voz que xa está ben de mentir, que queremos que se respecten os nosos dereitos, que estamos cansados de ser o xoguete duns incompetentes que non saben ou non queren negociar porque sacan beneficio cos nosos intereses. Que nos converteron nunha medida de forza ante toda a sociedade galega. Que coa súa ineptitude, só se preocuparon de tentar humillarnos de mil diferentes formas pero.... a pesar do cansazo acumulado nestes xa 61 dias, sen dubidalo, volvémolo a facer e....
aqui estamos; entrando na zona monumental de Compostela, portando cada un de nós a nósa particular historia e a nosa individual forma de loita por un obxectivo comun.




E asi imos chegando, coa nosa mochila xa repleta de incontables sentimentos adquiridos en tantos e tantos dias de loita, cun considerable peso emocional, á praza da Quintana. Aos pés da catedral e xunto ao pechado enreixado da porta santa, imos tomando posicións, sempre xuntos, deixando ao carón a nosa individual cruz para fundirnos nun colectivo anhelo de solucións.









E xa reunidos, deixamos saír as voces dos nosos corazóns nun estalido de reinvindicación de dereitos que consideramos xustos para nós e para os nosos fillos que foron onte testemuñas mudas dunha lección de vida para o seu futuro.






Finalmente, deixamos que os ecos da nosa voz soasen en toda a praza a través dun dos nosos representantes, que fixoa a lectura dun manifesto que plasmaba con precisión as nosas esperanzas e o noso colectivo sentir.








E, esa foi a nosa historia no día de onte, os pés da Catedral de Compostela. Unha historia que dura 61 dias e que a formamos tódolos traballadores de xustiza de Galicia coa carga individual que cada un de nos levamos enriba. Ahi estabamos todos coas nosas preocupacións e esperanzas, inmersos nun unico desexo de chegar pronto ao final do camiño. Desde STAJ queremos agradecer a cada un dos que fixechedes "o camiño" a compañia e apoio en momentos de abatemento, a enerxia e forza que nos transmitichedes en cada etapa, a ilusión e esperanza para seguir día a día camiñando para alcanzar os obxectivos. Grazas a todos, de todo corazón.