Tras a votación feita onte
entre os funcionarios da xustiza en Galicia, a Xunta na sua liña propagandística
comezou a enviar mensaxes a través dos seus medios de comunicación como se para
eles o resultados fosen unha vitoria, con unha clara intención de seguir minando
os ánimos dos compañeiros en folga.
A Xunta como sempre non se
entera, os participantes na votación de onte nin moito menos dixerón que non se
seguirá na loita. Que non se pense a Xunta que isto supón un paso atrás, que
non se pensé a Xunta que os funcionarios imos aceptar as miserias que están a
ofrecer, que non se pense a Xunta que imos ceder ao seu chantaxe e
prepotencia, que sepa que o único que
onte quedou claro é que as porcentaxes de participación nas movilización siguen
estando en niveis altísimos e que o que se acordou foi un cambio de rumbo nas
estratexias sempre que o ritmo das negociacións o esixa. Síguese cas
movilización para acadar o mellor dos acordos, e a oferta actual inda estando
moi loxe do que buscamos.
Señor Rueda, non levante a
mao en sinal de vitoria, non se equivoque, os funcionarios seguimos na loita,
cos criterios moi clariños e os obxetivos fixados dende un inicio, hoxe se é
posible con máis animos e forza.