jueves, 1 de marzo de 2018

Carta remitida por Rueda ó comité de folga



Sr. Conselleiro non se entera de como funciona un conflicto laboral no que pola parte dos traballadores se está secundando una folga legitimamente convocada, non e que para negociar téñase que desconvocar, máis ben todo o contrario, os representantes dos traballadores sólo a desconvocarán cando consíguense as pretensión perseguidas o cando menos non se desconvoca ata non ter acadado un principio de acordo encaminado hacia a sua consecución. Esperábamos un mínimo de intelixencia pola parte negociadora da Administración, intelixencia que non se está a demostrar, e de existiren non queda mais remedio que pensar que o único interés da Xunta é tomarlle o pelo aos traballadores da Xustiza galega

Logo de deixar esto claro sólo queda unha cousa por matizar, as pretensión dos traballadores estan claras e son públicas dendo o primeiro momento, se vostede quere conseguir un acordo debe deixar de “marear a perdiz” e sentarse a negociar con intencións de ofertar o que pedimos e mentres asuma que é vostede e o seu goberno so os que teñen como rehenes por unha parte a sociedade galega sufrindo unha folga que xa vai cara a catro semanas e aos traballadores que non son merecedores do desprezo por vostede practicado, despois de levar anos demostrando co seu traballo que están completamente comprometido co bo funcionamento da Administración de Xustiza, pero que fartos de descriminacións chega o momento de dicir BASTA XA!