Onte, dia 24 de febreiro, formará parte da historia dos funcionarios da xustiza galega porque todos xuntos gritaron alto, claro e forte que loitaran e resistiran o que sexa necesario para deixar de estar discriminados laboralmente na xustiza galega.
Esta manifestación multitudinaria reivindicando os nosos dereitos ante toda a sociedade intoxicada polas mentiras vertidas pola propia administración refórzanos para seguir loitando contra a prepotencia daqueles que non queren negociar e que mostran un total desprezo polos problemas que eles mesmos xeneran aos traballadores e usuarios da xustiza.
Se non queren escoitarnos nunha negociación real, sen andrómenas nin mentiras, se non asumen a súa mala xestión neste conflito que eles mesmos provocaron pola súa prepotencia e tozudez, onte deixámoslles ben claro que ... resistiremos todo o que faga falta ata que sexamos atendidos nunha negociación real e meridianamente clara con interlocutores capaces de chegar a unha solución satisfactoria para todos.
Os traballadores poñemos sobre a mesa unhas peticións que cremos xustas pero a administración lonxe de tentar negocialas, limítase a utilizar todos os medios ao seu alcance para demonizar a este colectivo que leva dando de si todo o que pode e mais. XA ESTA BEN!!
Só darvos as grazas unha vez mais por todo o voso apoio e por acudir cos vosos fillos, nalgúns casos, a gritarlle alto e forte aos nosos nefastos interlocutores o sentir unánime de que QUEREMOS NEGOCIAR POLOS nosos DEREITOS e que mentres iso non suceda... RESISTIREMOS!,.

o
E desde a mesma praza da Quintana:
E pechamos co mesmo toque de humor