lunes, 26 de febrero de 2018

Día 20 de folga indefinida. A Xunta segue sen saber negociar.

Definición básica de negociación: la Negociación es un proceso entre dos partes en donde existen dos posiciones diferentes sobre un mismo asunto, las dos partes quieren llegar a un acuerdo y para esto se comunican intercambiando propuestas y concesiones. 


He aquí,  nesta última palabra,  onde radica o descoñecemento da Xunta de Galicia cando fala de que quere negociar: concesións. Non se pode negociar se non hai concesións, o resto, o que fan, non son máis ca imposicións. 

Entramos na 3ª semana de folga e a Xunta de Galicia segue repetindo sen cesar as mesmas frases coa mesma cadencia co mesmo ton e coas mesmas palabras. Confiamos en que nalgún momento  saian do seu letargo e os responsables da Xustiza en Galicia empecen a ver a realidade tal cal se lle mostra cada día nos xulgados, nos medios, nas rúas, etc... E inquietante que pensen que é imposible suspender 600 ou 700 xuízos ó día en todo Galicia, que non pode haber tal cantidade de sinalamentos....  un exemplo do  escaso coñecemento da xustiza por parte dos seus responsables. Mentres non desperten, nós, os traballadores e traballadoras da xustiza, seguiremos loitando polo que é xusto.





lavozdegalicia.es. Galicia afronta la tercera semana de huelga con la Justicia paralizada

abc.es. El colapso judicial en Galicia suspende juicios hasta 2020

Escoita entrevista a Alfonso Rueda en Cadena Ser


europapress.es. Sindicatos de justicia, ante la invariable oferta de la Xunta: "Bastaría un céntimo de cada 100 euros del presupuesto"


 elcorreogallego.es. Los sindicatos instan a Rueda a imitar al ministro de Justicia, que preside las reuniones