lunes, 22 de enero de 2018

POR QUE IMOS A FOLGA O XOVES DÍA 25?

Por que imos de novo á folga o 25?

Na última reunión, celebrada o venres, xuntanza na que se agardaba un achegamento, aínda que fose pequeno por parte da Administración, nos dous puntos nos que as posturas son máis distantes, a Xunta decidiu unilateralmente ignorar a mediación do Consello Galego de RRLL e desembarcou na mesma o director xeral de Función Pública, José María Barreiro. Un desembarco que o único obxectivo que tiña era torpedear os pequenos avances conseguidos.

O Conselleiro de Xustiza manifestou publicamente que nesa reunión intentarían que houbese un avance substancial, pero Barreiro ninguneou a Rueda e non fixo mellora ningunha na oferta aos traballadores, ao contrario aniquilou toda posibilidade de acordo ao desprezar os pequenos avances logrados coa mediación da Presidenta do Consello de Relacións Laborais, a quen tamén ignorou deixándoa fóra da negociación.

Coa actuación de Barreiro, Alfonso Rueda deberá dar conta agora da súa incapacidade e o seu escaso peso político para solucionar o conflito na xustiza galega, pois se un director xeral é quen de deixalo como un mentireiro, o que tería que facer Rueda é ou dimitir ou cesar fulminantemente ao dito director.

As traballadoras da xustiza en galega, non imos permitir que se trate de dar aparencia de negociación ás mentiras do Conselleiro ou que se trate de enganar aos cidadáns galegos: a oferta presentada o venres non só non mellora en nada a anterior, senón que a empeora e volve varios pasos atrás a negociación. Xa non falan do 1 de xaneiro de 2018, falan do 1 de xaneiro do 2019 para implementar o posible Acordo retributivo.

O Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza non demostra unha nobre vontade política de chegar a acordos. Ata de agora non fixo máis que mentir e amosar unha evidente mala fe nas súas declaracións públicas. Para que o diálogo exista, é requisito “sine qua non” que a Xunta demostre unha auténtica e inequívoca intención de mellorar as condicións de traballo do noso colectivo e non rirse de nos e das nosas familias, como se fixo o venres.

Somos conscientes e sabemos o esforzo que supón secundar a folga, pero tamén temos presentes os froitos da mesma. O “principio de acordo” en tres dos cinco puntos reivindicados e o ofrecemento, aínda que escaso, de incremento salarial, non se houbese conseguido so falando.
Tampouco se houbese conseguido sen que o 90% das traballadoras nos sumásemos os paros, pechando xulgados, suspendendo xuízos, vistas, declaracións, etc.

A sinrazon da Xunta deixanos solo dúas alternativas: o cruzarnos de brazos e resignarnos, ou seguir en loita e a intensificar as movilizacións. A primeira opción no se contempla, e para débiles e cobardes.
Por iso, desta volta, imos a dar un paso máis e imos a manifestarnos polas rúas de Santiago. Temos que seguir unidas e participar todas para obrigar á Administración a mover ficha de novo. Temos que estar todas na manifestación, as 2500 persoas que traballamos en xustiza, as nosas familias, as nosas amizades..

Para a asistencia á manifestación contamos cun servizo de autobuses. Para pechar o número total
de vehículos é preciso anotarse entre hoxe e mañá ata as once. O custo son 4€ por persoa.

O primeiro paro deu os seus froitos, o segundo foi un éxito e o 25, enchendo as rúas de Compostela, darémoslle moito en que pensar.
Si esta situacion non cambiase radicalmente estamos abocados a unha folga indefinida, Folga indefinida que mantendo a participación lles vai a resultar insoportable en pouco tempo. Sabiamos desde un principio que ni iba a ser doado, poisa Xunta amosou moitas veces a súa propotencia cos empregados publicos.

Os Sindicatos estudiaremos as extratexia para que a folga surta o maior daño co menor sufrimento para o colectivo .
Se queremos algo importante, que o merecemos, non era hora de dudar, nin de pensar noutra cousa que non sea acadar o obxectivos que nos propuxemos, toda folga indefinida que acabou en Acordo, o primeiro que se acordou foi que non hubese descontos, folgas que non contaron nin por asomo co seguemento da nosa.

Tentaron de un principio dividirnos ofertando cantidades distintas por Corpos, ainda que sempre lles esiximos o carácter lineal do CAT. Non é mais ca unha estratexia, na que nin os sindicatos nin os traballadores caimos, e supemos responder todos unidos e con forza.
Agora tentan desalentarnos, dando pasos para atrás en algunhas cousas e mantendose inamovibles nas ofertas retributivas, dando a entender que non imos a consegur nada máis.

Viran con mais maniobras de desanimo e de confusión. Non imos a ceder, non imos a tragar, se queren gerra vana a ter. Nin un paso atrás!!!!
O desprezo que de nós e das nosas xustas reivindicacións fai a Xunta debe enchernos de indignación, de rabia de cabreo e eses sentimentos, que din que son negativos, debemos tranfomalos en positivos, en enerxia, en forza, en unidade, en ánimo para seguir loitando con tenacidade, perseverando nas mobilizaións, participando nelas, alentando aos compeñeiros/as que teñan dubidas a que loiten.

Ese traballo, importantisimo, debe ser conxunto dos Sinidcatos e de todoas/as vos, a esas persoas temos que convencelas e se non fose posible convencelas temos que empuxalas a secundar as mobilizacións, como sexa.
Dende fai dous meses entre todos/as levamos facendo algo grande, si grande, moi grande, algo que na xustiza en Galicia non recorda nadie, e o mesmo tempo bonito, envidiable por outros sectores da Administración nos que nunca se chegou a algo parecido, pero para alcanzar tal cousa tivemos que sufrir e que aguantar durante anos a perda de dereitos e de retribucións. Son horas de levantarnos!!!

Non permitamos que esto tan precioso se desperdicie, aproveitemos este “capital” para conseguir algo importante, algo que os que veñan detrás lembren, que esto no se acabe sin conseguir os obxectivos.
Si nos mesmos non paramos. Ningen nos pode parar!!!.
Forza!!!
E a por eles!!!