viernes, 26 de enero de 2018

Apoteósica e histórica manifestación dos funcionarios da Administración de Xustiza en Santiago.



No día de hoxe desenvolveuse con total normalidade polas rúas de Santiago de Compostela a histórica manifestación que todos os traballadores da Xustiza Galega levaron a cabo contestando cunha soa voz aos desaires, mentiras e mala fé que a Administración da Xustiza Galega deixa patente en cada unha das reunións que mantén co Comité de Folga, así como nas declaracións que de forma torticeira realiza sobre este conflicto nos diferentes medios de comunicación.
Todos xuntos e de forma apoteósica, deixamos clara a nosa inalterable vontade de manter unha postura férrea na loita contra a discriminación.

Desde STAJ agradecemos o esforzo realizado por todolos compañeiros contestando masivamente a esta nova convocatoria. Somos conscientes do sacrificio que nos supón loitar polos nosos dereitos pero tamén estamos seguros que, todos xuntos venceremos a Goliat.

Esta masiva manifestación dunha única vontade de loita, estamos seguros que marcou un antes e un despois nas nosas reivindicacións.

Acabouse o silencio, o suplir co noso esforzo persoal a desidia da Dirección Xeral de Xustiza á hora de nomear persoal e cargarnos cun sen fin de responsabilidades. De non recoñecer en moitos casos o sacrificio que supón o noso día a día con escaseza de medios e aumento de carga de traballo. Non mais amortizacións de prazas á conta do noso traballo. Non mais descontos cando temos problemas de saúde , non cobrar polo traballo realizado nunha sustitución, non mais cobrar menos sendo Corpos Nacionais e realizando as mesmas funcións caos compañeiros/as doutros territorios ....

O día de hoxe berramos claro e forte polos nosos dereitos e ademais manifestamos sin lugar a duvidas, que.... A LOITA CONTINUA.

NON A DISCRIMINACIÓN

Moitos foron os medios informativos que se fixeron eco das nosas reivindicacions, por ese motivo, poñemos a continuación unha pequena mostra dos correspondentes enlaces.

- Pontevedra Viva