Durante o fin de semana chegáronlle as
nóminas ao compañeiros/as de Madrid e de Asturias, e nelas recollese a suba
correspondente a este ano 2018 dos Acordos firmados para a mellora do
complemento Autonomico. Aos compañeiros de Madrid ademáis pagáronlle xa en
outubro os atrasos da subida corespondente a 2017, lembrade que en Madrid o Acordo é con
carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2017.
Pois ben, estamos fartos de oirlles decir ó
Director Xeral de Xustiza, á Subdirectora
de Persoal e incluso ó Director Xeral de Función Pública que os Presupostos Xerais do Estado prohíben calquer suba salarial os empregados públicos, e polo
tanto en Galicia non se pode levar a cabo ningún incremento ata 2019.
Pero o Director Xeral de Xustiza e a propia
Subdirectora foron capaces de ir máis aló nas súas falsedades e vaticinaron “que
en Madrid e Asturias os Acordos firmados iban a quedar en papel mollado e que
os compañeiros de ambos territorios non verían reflexado na súas nóminas a suba
que se había pactado, que esperásemos a xaneiro”.
Como vedes pura demagoxia, falsedades e
medias verdades para intentar frear o que se lles ven enriba, e que non van a poder parar por medio
de mentiras e enganos.
Sí, claro que se pode subir as retribucións
dos empregado/as públicos, así se fixo en Canarias no 2016, en Valencia, en
Cantabria, no País vasco, en Navarra, en Madrid en Asturias, en La Rioja etc, en tódolos sitios menos en Galicia, parece que
os Presupostos do Estado solo prohíben subidas salariais nesta terra.
Señor Director Xeral, Señora Subdirectora deixen de mentir, deixen de inventarse excusas para non afrontar as xustas demandas dos traballadores da Xustiza. Pensan vostedes que os empregados públicos da Administración de Xustiza somos parvos?. Poñanse a negociar con boa fe e con disposición clara e firme de chegar a acordos.
De verdade cren que lles van a servir de
algo estratexias como está, ou a de falsear os datos de participación nas
folgas, falsear os datos de xente que estaba de permiso o dia 25, intentar
amedrentar cos descontos da folga, ou o ridículo cadro comparativo que colgaron na intranet, donde non se
recolle a productividade de moitos territorios, nin as subas acordadas para
2018 e 2019 noutros, e se quita a Navarra e o País Vasco, entón xa non son España?
Ademáis, nese cadro manipulado, nun alarde de menosprecio a
intelixencia, que di moito da falta de
intelixencia de quen o fai e o permite, disgregan o Territorio do Ministerio en cinco Comunidades Autónomas,
como si cada Comunidade Autónoma do ámbito territorial do Ministerio fose independente
en materia de Xustiza. Por certo, Sr. Director e Sra. Subdirectora
faltoulles Ceuta e Melilla.
Tan desesperados están?.
Ainda non se enteraron que perderon toda a credibilidade, e agora xa solo son capaces de crear indignación e vergoña allea.
GRAZAS por motivarnos!!!