En cumprimento do artigo 19 da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, a Xunta de Galicia e o Fiscal Superior de Galicia anunciaron que no último trimestre deste ano os xulgados galegos contarán con psicólogos para a atención das vítimas.
Dende que entrou en vigor a Lei Orgánica no ano 2004 as vítimas son atendidas na actualidade por o persoal destinado nos xulgados de violencia de xénero e de garda, que mentres recollen os datos das persoas asistentes, dan traslado dos atestados, reciben declaracións, transcriben e notifican resolucións etc... tamén están pendientes de organizar que as vítimas non se encontren nin co agresor, nin coas familias del, nin coas testemuñas, aparte de atender ós/ás menores que as acompañan mentres pasan a declarar.