No BOE do mércores 4 de outubro publicáronse as convocatorias das oposicións pola quenda de promoción interna dos corpos de Xestión e Tramitación Procesual e Administrativa correspondentes a Oferta Pública de emprego de 2016.
O prazo de presentación de solicitudes é de VINTE DÍAS HÁBILES, e tanto a presentación como o pago das taxas respectivas (11,43 euros en Xestión e 7,64 euros en Tramitación) hanse de realizar vía telemáticaa través do enlace na páxina Web do ministerio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos
O proceso selectivo terá lugar polo sistema de concurso oposición.
Os exercicios da fase de oposición terán lugar dentro dos 45 días seguintes á publicación da Resolución pola que se eleva a definitiva a relación de persoas admitidas e excluídas, publicándose no Boletín Oficial do Estado a data, hora e lugares da súa celebración.
En XESTIÓN a fase de oposición constará de dous exercicios, que se celebrarán nun mesmo acto no mesmo día, un a continuación do outro. O primeiro exercicio consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias do programa. Constará de 50 preguntas con catro respostas alternativas das cales só unha é a correcta.
O segundo exercicio consistirá en contestar sen axuda de texto algún e con letra lexible a 10 preguntas referidas a un caso práctico que exporá o Tribunal.
En TRAMITACIÓN a fase de oposición constará de dous exercicios, o primeiro consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias do programa. Constará de 50 preguntas con catro respostas alternativas das cales só unha é a correcta.
O segundo exercicio consistira en reproducir en ordenador/procesador de textos un texto en Microsoft Word cos requerimentos de presentación que o Tribunal determine.
NOTA ACLARATORIA CÓMPUTO PRAZO: o prazo de presentación de instancias, calcularase en función das festividades, de tal maneira que cando un dia fose hábil no municipo ou Comunidade Autónoma en que reside o/a interesado/a e inhábil na sede do órgano administrativo e a inversa; considerarase inhábil en todo caso.
Prazas ofertadas: