sábado, 15 de julio de 2017

Última mesa técnica de interinos

O xoves, e a continuación da mesa sectorial de xustiza, reunímonos novamente coa Xunta  nunha mesa técnica para tratar certos puntos clave que afectan directamente á regulación definitiva na orde de interinos.

Como primeira novidade e moi importante, a DXX comunícannos a aceptación definitiva de que a antigüidade á hora de valorar o tempo de servizos prestados será desde o ano 1992 e non desde o 2004 como pretendía a Administración. Reivindicación que o STAJ fixo desde o primeiro momento.

Os outros puntos que se trataron, foron:

-As porcentaxes das bolsas de traballo e reserva volven aparecer de forma separada, como había asixido STAJ, pero aumentándose considerablemente. STAJ non se opón a que se haxa algún aumento en certas provincias e/ou corpos pero non de forma xeneralizada e por suposto non tan desproporcionado. Sabemos que o problema está nas suspensións temporais  de persoas que nunca van  a traballar e que estan nesa situación duran todo a a vixencia da bolsa, impedindo que a bolsa se actualice para que todo o persoal este dispoñible, impedindo que xente de reserva pasa a bolsa de traballo.

-Respecto dos días de servizos prestados para colocarse ao final da bolsa, o último borrador reflectía 360 días. STAJ solicita que se manteña e non se reduza a 180 días como fixeron outros sindicatos.

-Lingua Galega:

*Certificado Celga 4 ou equivalente: 2 puntos
*Certificado linguaxe xurídica nivel medio: 4 puntos
*Certificado linguaxe xurídica nivel superior: 6 puntos

Desde o STAJ pedimos unha maior valoración da lingua autonómica, e solicitamos a súa valoración como no concurso de traslados 4-8-12 puntos.

-Mantense o límite de 5 anos para establecer os criterios de valoración dos cursos. STAJ segue reivindicando que sexan válidos mentres as normas dos mesmos estean en vigor ou extenderse a súa valoración como mínimo a 10 anos.

-Cesamento do interino por falta de capacidade ou rendimiento. Pedimos que se leve a cabo mediante expediente disciplinario como o funcionario titular.

Como punto final engadir que a Xunta se comprometeu a convocarnos a próxima semana a mesa sectorial de interinos, e poder avanzar definitivamente na negociación da súa orde.