Publicados novos avisos de desocupación de postos que
se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data
11 de xullo de 2017.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura
en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora,
poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos
xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente
servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro
de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na
norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos
de traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións
entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde
de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a
que recollida na solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode
consultarse no documento Avisos de desocupación
