viernes, 14 de julio de 2017

Mesa sectorial de xustiza 13 de xullo do 2017

No día de onte acudimos á convocatoria da mesa sectorial de xustiza que tentamos suspender ou atrasar para o mes de setembro, debido á gran importancia de puntos que queríanse aprobar sen previa negociación cos sindicatos e que figuraban na orde do día como modificación das RPTs do Imelga, orde comisión de servizos, orde de interinos, reforzos e amortizacións de prazas en Audiencias Provinciais.

A continuación déronnos traslado a cada un de nós, pedindo a maioría das organizacións sindicais a suspensión da mesa sectorial por defectos formais na convocatoria (falta de documentación no tema de reforzos, cadros de amortizacións nas Audiencias Provinciais, etc).

Oídas todas as partes o director xeral alega que se poden deixar para mesa técnica, a regulación das comisións de servizo, substitucións, modificación RPTs do Imelga e orde de interinos, pero que deberiamos chegar a algún avance unha vez reunidos para non demorar algúns deles como a orde de interinos. Polo que se decide iniciar mesa sectorial para tratar o que vos resumimos a continuación.

-Modificación de RPTs Imelga: Incremento de 4 médicos forenses. Desde o STAJ non poñemos ningún impedimento ao devandito aumento, pero solicitamos urxente mesa técnica para tratar  outros temas que afectan ás RPTs do Imelga e que deben de ser negociados previamente á súa aprobación.

-Identificación mediante tarxeta para o colectivo do SCACE e o resto de compañeiros que realizan actos de comunicación e embargos noutros destinos (Xulgados mixtos)  STAJ solcitou esta medida varias veces e a Dirección Xeral comprometeuse conosco a lévalo a cabo,. É dicir pídese que sexa extensiva a todos os auxilios xudiciais e xestores que fan notificacións e demàis actos de comunicación fóra da sede xudicial. Esta medida non solo incide na seguridade do persoal de xustiza que teñen encomendada estas funcións, se non que ademàis garante o  cumprimento da Lei de protección de Datos.

A tarxeta levará:
-Código alfanumérico
-Fotografía
-Corpo ao que pertence
-Unidade á que pertence
  
Por parte do STAJ estamos de acordo en calquera medida que garanta unha maior seguridade para estes compañeiros destinados en devanditos postos pero cremos que é necesario máis seguridade para o persoal que sae á rúa, medidas que deben ser tomadas nunha mesa de seguridade e saúde e loitaremos para que teñan un complemento de peligrosidade.

-Como novidade importante a Xunta fíxonos chegar a súa intención de empezar a cesar ao persoal de reforzo que leva máis de 3 anos a partir do mes de setembro, onte comentáronnos que hai máis de 85 reforzos e a metade deles pasen dos tres anos. STAJ non pediu o cese dos reforzos, a grande naioría son necesarios, se non a súa consolidación como prazas para titulares e o aumento das plantillas.

-Relacionado co anterior tamén manifestou o director xeral que entre este ano e o seguinte consolidaranse algunhas das prazas ocupadas por este persoal de reforzo. Reivindicación pedida por STAJ, pero que consideramos insuficiente, pois debense consolidar tódalas prazas que leven 3 ou màis anos ocupadas por reforzos por tratarse de un deficit de persoal estructural.

-Respecto da dotación de prazas nas Audiencias Provinciais, a Xunta manifesta que aumentará en 1 tramitador por cada sección penal, quedando pendente de enviarnos o cadro de persoal para poder facer as alegacións correspondentes por escrito, xa que hai anos amortizáronse moitas prazas nas Audiencias.

Na rolda de intervencións STAJ pediu e seguirá pedindo convocatoria urxente para o mes de setembro para negociar:
-Descontos ITs
-Aumento retribucións ligada a instauración da nova oficina xudicial(CAT, Productividade, complementos  en xulgados e seccións de violencia, nas oficinas de rexistro e reparto e nos decanatos)
-NOX

Reivindicacións que o STAJ leva pedindo hace anos. Así como un calendario de mesas tanto técnicas como sectoriais, para poder abordar mellor e con maior planificación o seu desenvolvemento. 


E por último dicir que a Xunta tamén manifesto ao remate da reunión a súa intención de convocar unha mesa técnica de comisións de servizo e substitucións para a próxima semana. Xa veremos se o cumpre.