miércoles, 12 de julio de 2017

Mantense a convocatoria da Mesa Sectorial de Xustiza

Mantense a mesa sectorial coa Xunta para mañá, xoves 13 de xullo, ás 10 horas, coa seguinte orde do día.

CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL
Asunto: Convocatoria de Mesa Sectorial
Data: 13.07.2017
Hora de comezo: 10.00 h
Lugar: EGAP, aula núm. 1, Colmeiro (planta baixa)

ORDE DO DÍA:
1.       Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
2.  Orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia
3.       Modificación amortizacións nas seccións penais das Audiencias Provinciais
4.       Persoal de reforzo
5.       Identificación do persoal funcionario nos Servizos de Notificacións e Embargos
6.       Modificación da RPT do IMELGA
7.   Orde pola que se establecen criterios para a cobertura de postos vacantes mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade autónoma de Galicia
8.       Rolda de intervencións

Inclúese como anexo ao presente correo electrónico: a acta da sesión anterior, o borrador de orde das comisión de servizos, a proposta de modificación da RPT do IMELGA (a proposta consiste na inclusión de 4 efectivos do corpo de médicos forenses, incluídos nos orzamentos 2017) e a orde de interinos de corpos xerais, que volve a incluír a bolsa de traballo e reserva con porcentaxes, acompañada dun documento explicativo do incremento destas porcentaxes con respecto das bolsas anteriores.
Desde o STAJ pedimos a suspensión da devandita mesa considerando que os temas que se inclúen na orde do día deben de ser abordados nunha mesa técnica previa á mesa sectorial e opoñéndonos a ser impostos por parte da Administración sen previa negociación coas organizacións sindicais.

Así mesmo esiximos que se convoque urxentemente para a primeira quincena de setembro, mesa técnica para tratar os seguintes temas:

-Retribucións (Cat, Complementos en Servizos actos de notificacións e embargos, complementos en xulgados de vilolencia)
-NOX
-Orde substitucións
-Descontos ITs