viernes, 2 de junio de 2017

STAJ solicita persoal de reforzo para o xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Ourense

Onte entraron en funcionamento, en moitos casos sen contar cos medios materiais e humanos necesarios, os Xulgados de reforzo para o trámite das clausulas chan das hipotecas. Tal é o caso do Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Ourense, cidade na que non hai nomeado persoal de reforzo interino e que podería levar a que Xuíz Decano non tivese, dadas as circunstancias, mais remedio que desviar o persoal de apoio que se atopa desempeñando as súas funcións nos Xulgados do Penal da devandita Cidade cara ao referido Xulgado de reforzo co considerable prexuízo que se lle orixinaría  aos Xulgados do Penal cuxa carga de traballo séguese incrementando de forma exponencial.
Esta medida implicaría "espir un santo para vestir a outro" motivo polo que STAJ presentou escrito no día de onte á Subdirección Xeral de persoal da Administración de Xustiza  para que procedese ao nomeamento urxente de pesoal interino para cubrir os postos necesarios ao amparo do establecido no art. 4 da Orde  do 28 de novembro de 2013 sobre selección e nomeamentos urxentes , para cubrir necesidades inaprazables, podendo acordarse estes nomeamentos como medidas de apoio cando,  por causas obxectivas de carácter urxente,  sexa necesario reforzar os medios persoais.