jueves, 1 de junio de 2017

Insistimos para que se habilite a posibilidade de entrar as 7:30 no horario de verán

día 16 do mes que vén comeza o horario de verán e ano tras ano non cesaremos en pedir unha ampliación no sistema de fichaxe kronos, para poder fichar ás 7:30 como o resto do ano.

Non ten ningún sentido que cando os días son máis longos e hai máis luz, se limite o dereito dos funcionarios para entrar no seu posto de traballo, e se nos faga entrar media hora máis tarde, é dicir, ás 8:00. Sabemos que este incomprensible horario de verán está regulado na Orde do 18 de xuño de 2014, pero tamén que anteriormente permitíase a fichaxe ás 7:30 durante todo o ano.

É dabondo coñecido pola DXX, que hai moitos funcionarios que teñen fillos ou persoas maiores ou discapacitadas ou seu cargo, e a posibilidade de poder entrar media hora antes do traballo supón un beneficio para ou coidado desas persoas ou menores a cargo, non supoñendo prexuízo ningún para a Administración, dado que non afecta á atención ao público, axudando á conciliación da vida laboral e familiar do funcionario.

CO GALLO DE QUE SEPAN A CANTAS PERSOAS ESTAN A PERXUDICAR CON ESTA MEDIDA IMCOMPRENSIBLE, DENDE STAJ fixemos unha solicitude para enviar individualmente á DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA na que se SOLICITAQue no horario de verán de luns a venres se poda entrar as 7:30 e polo tanto que se modifique a  Orde do horario e xornada laboral para o ano 2017 do xeito que segue:

ART.5.- Xornadas e horario de verán:
1.-“Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, establécese unha xornada intensiva de trinta e dúas horas e media semanais, con tempo fixo continuado de obrigada presenza, de luns a venres, entre as 8:30 e as 14:00 horas; e o resto, ata cumprir ou total do tempo de traballo mensual que figura non anexo desta orde, en horario flexible que se poderá realizar, de luns a venres, entre as 7:30 e as 8:30 horas e entre as 14:00 e as 17:30 horas”.

SOLICITUDE INDIVIDUAL PARA MANDAR A DXX a esta conta de correo : servicio.persoal.xustiza@xunta.gal