No Dog
de onte publicouse unha modificación das RPTs das unidades do Instituto de
Medicamento Legal de Galicia. (IMELGA). A
aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, xustifícase
polas necesidades de persoal das unidades do Instituto de Medicina Legal de
Galicia, Imelga, e as necesidades funcionais e organizativas actuais desta.
RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se ordena a
publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de marzo de 2017
polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Vicepresidencia
e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.