jueves, 2 de marzo de 2017

Percepción de cantidades adeudadas aos funcionarios interinos en concepto de trienios recoñecidos

Ante as reclamacións que algúns  compañeiros nos fixéron chegar e nas que se manifestaban a súa preocupación porque levaban varios meses sen percibir as cantidades que,  en concepto de trienios fóranlles recoñecidas, puxémonos en contacto coa Delegación Provincial quen nos manifestou ter un problema informático en " Intervención" de Santiago de Compostela, debido a un cambio de programa que lles dificultou xestionar con total normalidade esta e outras materias. Que a día de hoxe, o problema xa está resolto, e polo tanto, as cantidades debidas pola administración correspondentes a trienios recoñecidos os interinos, seranlles abonadas na nómina de marzo ou abril.

Todos aqueles compañeiros a quen se lles abone  cantidades que lle fosen debidas e que correspondan a mensualidades do ano anterior (como por ejem. trienios atrasados, gardas, prolongacións, etc), deberán telo en conta á hora de facela declaración do IRPF confeccionando unha declaración complementaria para así evitar calquer prexuízo que a omisión deste dato  poideselles ocasionar.