O venres pasado a
DXX nos pasou un novo borrador que recolle algunhas das alegacións que fixemos os
sindicatos a aquel borrador primeiro, e o mesmo tempo nos convocou a unha nova reunión
que tivo lugar onte, donde os sindicatos volvemos a facer
alegacións o contido do novo borrador.
Facemos agora un
resumo das modificaacións, que contén este novo borrador, e o final expoñémosvos
as novas alegacións que fixemos onte na reunión coa DXX.
NOVO BORRADOR QUE NOS PASOU A
DXX O VENRES
Pasámosvos resumir os puntos máis importantes que a
Xunta modificou en relación ao primeiro borrador facilitado pola DXX na
primeira mesa técnica que tivemos en xaneiro do presente ano.
Figura STAJ naquelas alegacións que fixemos e que están recollidas neste novo
borrador.
-Volven aparecer as
porcentaxes que regulan o número de integrantes para cada corpo e que a Xunta
quería soamente reflectir na convocatoria. STAJ
-En relación á
prórroga da bolsa segue a figurar sen prazo maximo.
-Elimínase a
posibilidade de incorporación inmediata á bolsa dá xente que aprobé todolos
examens da oposición sen praza e en calquera momento da vixencia das bolsas, a
que aumentaría as bolsas de maneira desorbitada. SOLO STAJ PEDIU A SÚA RETIRADA
Probas de acceso: Aumenta a puntuación
por superación de exercicios nas últimas oposicións. A puntuación máxima pasa
de 20 a 28 puntos.
Por servizos prestados: Aumenta a puntuación
máxima de 21 a 30 puntos.STAJ
Lingua galega: Aumenta a puntuación máxima de 2
a 4 puntos.
-Certificado Celga 4 ou equivalente: 1 punto.
-Certificado linguaxe xurídica nivel medio: 2 puntos.
-Certificado linguaxe xurídica superior: 4 puntos.
Formación complementaria: Os cursos de
informática pasan a valorarse no apartado de formación continua, valorando
unicamente no apartado de informática os títulos universitarios desta materia.
Introdúcese o límite de 5 anos
de antigüidade para valorar os cursos.
Titulación académica: Baixa a 8 a
puntuación máxima. Antes 10.
A licenciatura en dereito queda en 6 puntos para tódolos Corpos, baixa 1
punto.
O resto de titulacións do apartado b quedan en 2, baixan tamén un punto
para os tres Corpos.
-Seguimos
reivindicando que vos que esten nas bolsas de letrados dá Administración de
Xustiza non poidan estar en ningunha destas bolsas de Xustiza. SOLO O PEDIU STAJ.
- Engaden que o
curso teorico se poida suspender unha vez para poder facer otra proba, os que
non pasen esta segunda sairían da bolsa.
-Engaden que as persoas en situación de suspensión temporal deberán
acreditar cada 3 meses que persiste a situación que xustificou a suspensión e
de non facelo serán expulsados da bolsa.
-Suprímese o último parágrafo onde aparecía o carácter preferente das
prolongacións de xornada vinculado ao nomeamento de interinos.STAJ
-Engádese que longa duración
será aquela que supere os 3 meses.
Queda fixado pola Administración que os períodos de longa duración serán
aqueles que superen os 3 meses, podendo facer valer este criterio para a
próxima negociación da orde de substitucións.
-Suprímese o parágrafo onde se establecía que a DXX, se o estimaba
oportuno, de oficio, podía nomear persoal interino se tiña o seu coñecemento
aínda que non houbese petición.
-Establécese que en ningún caso o reforzo superará o prazo de 3 anos. STAJ
-Eliminan que o informe do coordinador sexa vinculante para nomear reforzo.STAJ
-Suprimen o parágrafo que di que ”Tamén cesarán cando cambie a situación
xurídica do titular dun posto desempeñado por un interino e proceda a cobertura
do dito posto por substitución vertical entre titulares, que se considerará
preferente”.
-Os de reserva cesarán antes que os de traballo, no caso de dou o mais
interinos do mesmo corpo e no mesmo xulgado. STAJ
-Mantense o límite de 18 meses para establecer a orde de cesamento se
coinciden varios interinos, así como os 180 días de servizos para colocarse ao
final da bolsa.
-Introducen como novo que os nomeamentos de persoal que estean vixentes no
momento de se constituír as novas bolsas, manteranse ata que se produza o seu
cese e que se o persoal que cesa forma parte dunha nova bolsa, pasará a ocupar
o posto que lle corresponda nesta, de acordo coa puntuación obtida na
baremación de méritos. Non pode ir ao final da bolsa ata que traballe pola
nova. STAJ
ALEGACIÓNS
MESA TECNICA DE 21/02/2017
Na Mesa de onte as
alegacións foron orais e artigo por artigo, desde STAJ fixeronse de novo alegacións a moitos
artigos, tanto novos por considerar que non aportan nada bo, como a outros que
non se cambiaron e que consideramos se poden mellorar. Como sería moi longo
exponer aquí todo artigo por artigo, deixámosvos un resumo xenérico do máis
importante:
-Solicitamos que os
nombramentos se fagan de novo polas Delegacións e non pola DXX, que coñecen maís
de preto a circunstancias dos xulgados.
-Que a bolsa non se
prorrogue máis alo de un ano.
- Que se compute a
antiguedade desde o ano 92 ou se suba os puntos por mes traballado.
- Que os puntos por exámenes
aprobados queden como estaban.
- Que se supriman o limite
de 5 anos para a validez dos cursos, e sexan válidos mentras as normas, bases
dos mesmos, estén en vigor-
-Tamen cremos necesario
un maior puntuación do Galego, que conte como nos concursos de traslado, 4-8 e
12 puntos
-A licenciatura en
dereito non debe contar 6 puntos para todolos corpos, propoñemos que para Tramitación
e Auxilio conte menos, en concreto 1 e 3 puntos respectivamnte.
-Para o resto de titulos
universitarios o mesmo, que conte máis para Xestión 3 puntos e menos para
Tramitación e Auxilio, 1 e 3 puntos respectivamente.
-Propoñemos que o que
non elixa a bolsa donde quere quedar, cando se figura en máis dun Corpo ou en
mais dunha provincia, se lle coloque pola Admnistración na bolsa do Corpo e da
provincia que peor posición teña.
- Que os que esten na
bolsa de Letrados da Admnistracion de Xustiza non poidan estar na bolsa de
Xustiza e teñan que optar por unha ou por outra,
-Que o curso e o periodo
de practicas sexa para os que nunca traballaron en Galicia ou traballasen menos
de seis meses nos últimos 5 anos. Que non sexan eliminatorios.
-Que se tramiten con
máis axilidad as suspensións e as exclusións.
-Que non se pida informe
medico os que tomen posesión nunha praza si non pasaron seis meses dende o cese
anterior.
-Que se supriman os 18
meses para determinar quen cesa. Que se determine de forma clara que cesa
primeiro o da bolsa de reserva ao da bolsa principal.
-Que o periodo mínimo
para ir ao fondo da bolsa pase de 180 días a un ano para que se poida cóbralo
paro.
-Que a falta grave non
sexa motivo de cese, nin a desdotación presupuestaria.
-Que o que traballa pola
bolsa antiga pase a seu posto na nova cando cesa e non pase o final dunha bolsa
pola que ainda non traballou.
IMPORTANTE, ESTO AINDA NON ACABOU, PODER HABER MAIS MODIFICACIÓNS,
POÑEDEVOS EN CONTACTO CON NÓS PARA DARNOS IDEAS E ENTRE TODO@S MELLORAR A
NORMATIVA.