martes, 4 de octubre de 2016

A DXX a solicitude de STAJ vai convocar o Comité de Seguridade e Saúde Laboral

Despois de sete meses dende a primeira solicitude, despois de oito escritos e de varias solicitudes verbais dando a calada por resposta, sin importarlle nada a seguridade e a saúde dos seus funcionarios, sin explicarnos nada, sin ter excusa ningunha, a Dirección Xeral de Xustiza comunícanos que en breve, sen data concreta, vai ter lugar a constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral e que lles pasemos temas para que se traten nesta primeira reunión.

Fixeron falta as ameazas, que lles fixemos recentemente, de sacar nos medios de comunicacion o seu desinterés pola seguridade e saúde dos empregados públicos, unha denuncia na inspección de traballo e a advertencia de que iamos acudir ós Tribunais para que o Director Xeral se dignase a convocar un órgano tan importante que vela pola saíde e a seguridade de todos nós.

Dende STAJ ademais de tódolos problemas que vimos denunciando nos escritos que lle remitimos e que fixemos pçublicos no noso blog, referentes a carencias e deficiencias en moitos dos edificios xudiciais de Galicia, tamén imos tentar de que no seo do Comité se aprobe un Protocolo de actuación fronte ó Acoso Laboral na Administración de Xustiza.