jueves, 5 de mayo de 2016

Corrección de parte dos erros no expediente personal electrónico

Onte mandamos un escrito por fax a DXX pedindo que correxirá de oficio os erros e omisións que se detectaban no expediente personal electrónico, hoxe colgaron o seguinte mensaxe na Intranet:

"Detectado un problema na consulta dos trienios amosada no expediente electrónico, infórmase de que se trata dun erro na súa visualización, sendo correctos os datos manexados na aplicación informática de xustiza.

Iniciados os traballos para resolver a incidencia, informarase a través desta mesma canle no momento no que o problema sexa solventado, polo que non se atenderán as solicitudes de modificación deste apartado ata que os datos amosados sexan os contidos na aplicación."

O problema non solo se refire os datos dos trienios, tamén existen erros e omisions no resto de datos que se reflexan no expediente personal, polo que ademais, tal e como lles pedimos onte no escrito , deben correxir e actualizar o resto de datos.