O pasado venres día 8 de abril presentamos un escrito na Dirección Xeral de Xustiza para pedir que se amplie a lista de prazas que vai ofrecer no concurso de este ano. O escrito di o que segue:
PRIMEIRO: O pasado día 29 de Marzo facilitoúsenos por esa Dirección Xeral a relación de prazas vacantes en Galicia dos Corpos Xerais da Administración de Xustiza, que se van a remitir o Ministerio para a súa publicación no concurso de traslado correspondente ó ano en curso.
PRIMEIRO: O pasado día 29 de Marzo facilitoúsenos por esa Dirección Xeral a relación de prazas vacantes en Galicia dos Corpos Xerais da Administración de Xustiza, que se van a remitir o Ministerio para a súa publicación no concurso de traslado correspondente ó ano en curso.
SEGUNDO: Queremos lembrarlle ó
Director Xeral que aquel plan de amortización de prazas en moitas Seccións das
Audiencias Provinciais e en moitos Xulgados de Paz, entre outros Órganos, e que
Staj rechazou de plano, non conlevava a destrucción neta de prazas, senón que
as que se amortizaban se creaban no mesmo número nos Servizos de Apoio e en
outras oficinas Xudiciais de Galicia.
Esa creación de plazas non se está a
facer, amortízanse pero nos se aumentan as plantillas nos Servizos de Apoio e
en outros órganos xudiciais que teñen unha carga de traballo moi por riba da
media, tampouco se crean novos Órganos que asuman as prazas que se están a
destruir.
TERCEIRO: É necesario que se
creen novas prazas para titulares naqueles outros organismos ou servicios que
están cubertos por funcionarios interinos de reforzo dende fai un montón de
anos, esta situación incomprensible e
alegal debe rematar.
CUARTO: Tamén consideramos
indispensable que se creen as prazas
necesarias para ser ofrecidas no concurso a titulares nas catro oficinas de
Secretarios/as Coordinadores de Galicia, que levan sete anos cubertas en prolongación de xornada ou comisión
de servicio sin relevación de funcións, por persoal titular elexido a dedo polo
Secretario Coordinador correspondente, ou ben por persoal interino.
QUINTO: Cremos importantísimo
que se dupliquen as prazas coas que contan os Servizos de Apoio de toda
Galicia, e se introduza nos mesmos unha dotación do Corpo de Auxilio, sobre
todo en Ferrol e Santiago, localidades nas que non funciona o sistema de
quendas.
SOLICITO que
salgan a concurso neste ano a siguintes prazas vacantes e se consoliden e se ofrezan
os titulares as ocupadas por persoal interino de reforzó durante anos e anos e
que tamén relacionamos.
Vacantes:
Instancia nº 5 de Vigo (Familia):1
de Tramitación
Social nº 2 Coruña: 1 de Xestión.
Audiencia Provincial Sección 4ª de A
Coruña: 1 de Xestión (xubilación finais de abril)
Mixto nº 1 de O Carballiño: 1 de
Auxilio (xubilación en junio)
Reforzos:
Imelga Ferrol: 1 de Auxilio.
Instrucción nº 2 Ferrol: 1 de Tramitación.
Ribeira nº 1: 1 de Tramitación.
Decanato A Coruña: 2 de Tramitación, e 1 de Auxilio.
TSJ Rexistro e Reparto: 1 de Xestión e 1 de Auxilio.
Decanato de Ourense: 2 de Auxilio e 1 de Tramitación
Penal nº 2 de Ourense: 1 de Tramitación.
Imelga de Vigo: 1 de Tramitación.
Ver escrito pedindo prazas
Grazas a colaboración e os mails que nos mandaron os compañeiros/as, imos facer un escrito ampliatorio donde pedimos que consoliden ademais os seguintes reforzos:
Decanato de Cambados: 1 de Tramitación.
Rexistro Civil de Cambados: 1 de Tramitación.
Decanto de Ourense: 1 de Tramitación ( ocupada dende hai moitos anos con persoal do Servizo de Apoio)