ENRIQUE ARAÚJO
MARTINEZ, Delegado de persoal e Delegado Sindical do Sindicato de Traballadores
da Administración de Xustiza (STAJ).
O pasado sábado
12 de septembro foi publicado o Real Decreto-Ley 10/2015, donde regula a
devolución dun 26,23% da paga extra sustraída en decembro do 2012, se devolve un dia por
asuntos particulares e se recuperan os días por antigüidade, tanto por vacacions como por asuntos
particulares.
No que respeta
a devolución da paga extra, cremos que a regulación que fai o RDL 10/2015
obriga á que a devolución se faga a todo o persoal da Administración de Xustiza,
sexa cal sexa o seu ámbito territorial,
pola remisión que fai este RDL os artigos do RDL 20/2012, donde se regulaba a
perda da paga extra a Xuices, Fiscais, Secretaris Xudiciais e demais persoal da
Administración de Xustiza e á Lei 2/2012 de Presupuestos Generales del Estado
do ano 2012, que regula as retribucións para o ano 2012 do persoal ó servizo da Administración de Xustiza en todo o Estado español.
No relativo os días de antigüidade
por vacacións e por asunto propios o RDL 10/2015 deixa aberta a posibilidade de
que cada Administración decida o disfrute dos mesmos para este ano 2015,
estipulando que o persoal da AGE poden xa este ano disfrutar dos días que lles
correspondan en función da súa antigüidade. Segundo a Ley orgánica do Poder
Xudicial no seu Artigo 503:
1. Por causas justificadas, los funcionarios tendrán derecho a
iguales permisos y con la misma extensión que los establecidos en la normativa
vigente aplicable a los funcionarios de la Administración General del Estado.
2. El disfrute de estos permisos tendrá los
mismos derechos económicos que los funcionarios de la Administración General
del Estado.
Polo tanto o disfrute neste ano dos días correspodentes por
antigüidade é aplicable directamente o todo o persoal de Xustiza, sexa cal sexa
o seu ámbito territorial, por que asi o dispón a LOPX. Hemos de lembrar que para o persoal que presta servizos no ambito Ministerio, para Xuices , Fiscais e Secretarios do todo o territorio nacional, esta posibilidade se vai a regular, seria inadmisible que en Galicia, Xiuces, Fiscais e Secretarios poidesen disfrutar deses días este ano e oas Funcionarios/as de Xustiza non, tampouco é de recibo unha decisión de disfrute en menor número.
SOLICITO:
Primeiro.- Que se regule por
esa Dirección Xeral de Xustiza, o xeito e o data de devolución, dentro deste
ano, do 26,23% da paga extra de 2012, para todo o persoal que prestou servizos
na Administración de Xustiza no segundo semestre de 2012 , estea ou non estea
en activo na actualidade
Segundo.- Que se regule a devolución dos días por antigüidade por
vacacions e por asuntos particulares, do xeito que estaban regulados antes de
que nos foran arrebatados no ano 2012, e se estableza o disfrute de eses días
xa para este ano 2015, tal e como dispón a LOPX e o EBEP.
Pontevedra a 14
de septembro de 2015.
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA. Praza de europa5A- 4ºandar.
SANTIAGO DE COMPOSTELA