miércoles, 1 de julio de 2015

Falta de persoal e de seguridade nos xulgados de Viveiro

A semana pasada tivo lugar no edificio xudicial dos xulgados de Viveiro un acontecemento, que non tivo consecuencias fatales e só quedou nunha anécdota, -grazas á pericia dun funcionario do propio xulgado-, pero que descubriu as carencias e fallos nas medidas de seguridade coas que conta o edificio, os seus sistemas  antiincendios –que non funcionaron- e o diseño do mesmo para a evacuación das persoas que están a traballar e mailos cidadáns que acuden a él.

En concreto unha persoa introduciuse nos lavabos e alí prendeu lume a unha chaqueta, o que produxo moito fume, pero ó non funcionar a alarma contra incendios, moitos funcionarios enteráronse do conato de incendio cando os demáis funcionarios déron a voz de alarma, e con certo riesgo para a súa integridad física un funcionario do propio xulgado apagouno mediante un extintor de incendios, sen máis consecuencias.  Cremos necesario que se tomen medidas para que non volva a suceder.

Menos mal que solo foi un susto, pero como non soóu a alarma ninguén se moveu do seu posto de traballo, ata que o incendio fíxose patente para todos. O persoal que estaba nese momento traballando nunca fixeran un simulacro de desaloxo.

 Hai que ter en conta que nos xulgados de Viveiro non existe saída de emerxencia senón que son as propias escaleiras que son moi empinadas e estreitas.

Con respecto ó traballado diario concretamente no rexistro civil o funcionario encargado do mesmo, colleu vacacións, tal e como lle corresponde a calquera traballador, o caso é que non se nombrou persoal para cubrir as vacacións deste traballador co que o servizo do Rexistro Civil non pode ser eficaz de cara ós cidadans pois son os demáis compañeiros que se turnan para facer que o servizo do Rexistro Civil funcione correctamente tendo que deixar as súas propias funcións para adicar tempo ó trámite do Rexistro Civil, causando retrasos que repercuten directamente no cidadán.

 POR ISO SOLICITAMOS Á DIRECCIÓN  XERAL DE XUSTIZA: que se faga un plan de evacuación axeitado as peculiaridades do edificio xudicial de Viveiro, no que participen os traballadores/as e se teñan en conta a súas propostas; se prepare e se leve a cabo un simulacro de incendio con evacuación do inmoble, para que o persoal se familiarice con este tipo de sucesos e sepa o que teña que facer asemade  identifique sen dúbida o modo máis rápido de evacuación dependendo da súa ubicación. 

        Que se nombre persoal de reforzo para o Rexistro Civil dos Xulgados de Viveiro ou en caso de ser imposible o seu nombramento que se faga unha quenda retribuida entre os funcionarios que queiran facela voluntariamente e remunerada.
Ver o escrito presentado onte