viernes, 3 de julio de 2015

Calendario Laboral de Galicia para 2016.

O calendario laboral galego para 2016 incluirá como festivos propios os días 17 de maio, martes; e 24 de xuño, venres.

No vindeiro ano hai dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de maio, que se substitúe polo 17 de maio, martes, Día das Letras Galegas; e o 25 de decembro, que se cambia polo 24 de xuño, venres, con motivo da celebración do día de San Xoán.

O Real decreto 2001/1983 establece o calendario laboral, que fixa as festas de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Esta normativa establece un máximo de 14 festivos anuais.

Destes 14 festivos, 2 son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, 9 son de carácter obrigatorio e non substituíbles (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro), mentres que outros tres festivos poden ser substituídos polas comunidades autónomas.

Hai que ter en conta que se algún dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a Comunidade pode substituílos ou ben polo luns seguinte ou por outro día que fixe a propia Comunidade Autónoma. Este é o caso en 2016 do 1 de maio e do 25 de decembro.

Calendario laboral de Galicia para 2016

FESTIVIDADE
DATA

Ano novo(*)
1 xaneiro
venres
Día de Reis(**)
6 xaneiro
mercores
Xoves Santo(**)
24 de marzo
xoves
Venres Santo (*)
25 de marzo
venres
Festa do Traballo (se substitúe polo 17 de maio)
 1 maio
domingo
Día das Letras Galegas (***)
17 maio
martes
San Xoán (***)
24 xuño
venres
Día Nacional de Galicia(**)
25 xullo
luns
A Asunción(*)
15 agosto
luns
Día da Hispanidade (*)
12 outubro
mercores
Todos os Santos (*)
1 novembro
martes
Día da Constitución (*)
6 decembro
martes
A Inmaculada(*)
8 decembro
xoves
Nadal (se substitúe polo 24 de xuño)
25 decembro
domingo

(*) Festa de carácter nacional non substituíble

(**) Festa de carácter nacional sobre a que a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución


(***)Festa propia da Comunidade Autónoma