Os
Servicios Xurídicos da Xunta de Galicia presentaron o pasado día 22 de xuño, un
recurso en Interese de Ley, ante o Tribunal Supremo, contra da sentenza dictada
polo Xulgado do Contencioso- Administrativo Número Dous de Santiago de
Compostela, que concedía a Paga Extraordinaria completa e duos meses e nove
días da Paga Adicional.
A
Xunta de Galicia e o seu Presidente seguen a burlarse dos funcionari@s,
activando un recurso que teñen perdido de anteman, pero que lle permite gañar
tempo, eso sí, a costa dos cartos públicos que son os que pagan os abogados e
as custas que van a ter que sufragar.
A
Lei nesta punto e clara, si se interpón un recurso desta natureza directamente
contra unha sentenza, debe suspenderse o fallo da extensión de efectos ata a reslución polo Tribunal Supremo do recurso en Interese de Lei. Como sabedes esa
sentenza pode extender os seus efectos a tódolos funcionarios que tendo dereito
a devolución, por haber traballado no 2012 en Galicia, teñan domicilio en
calquera punto da nosa Comunidade Autónoma.