viernes, 26 de junio de 2015

Nómina de xuño: descóntannos o CAT e aplícanlle o IRPF.

Unha vez máis volven a reternos o IRPF as cantidades que nos descontan na nómina deste mes. Primeiro suman todalas cantidades que debiamos cobrar, aplicanlle a retención corespondente e loga descontan o CAT. Xa o fixeron fai dos anos en xuño, aínda que despois rectificaron e nas demáis extras non lle aplicaron o IRPF a cantidade que non cobramos.

Puxemonos en contacto coas Habilitacións provinciais e din que e cousa do CIXTEC que son os que confecionan as nóminas, no CIXTEC que pertence a Conselleria de Facenda, van a estudar o caso.

Acabamos de madar dous escritos esixindo que se devolvan eses cartos retidos por unha cantidade que non se cobrou, un escrito a Dirección Xeral e outro o CIXTEC que depende de Facenda. Os escritos din o que segue:

No día de hoxe o persoal ó servizo da Adminsitración de Xustiza en Galicia recibiu no seu  enderezo electrónico a nómina correspondente a mensualidade do mes de xuño, máis a correspondente a paga extraordinaria e paga adicional.

Na  nomina descontase  a cantidade equivalente ó complemento especifico ou complemento autonómico transitorio (CAT), pero faise despois de aplicar, a esa cantidade que non prercibimos, a retención correspondente do IRPF.

Tal retención carece de base legal, pois aplicase a cartos que non se ingresan polos empregad@s públicos, esa cantidade non pasa o patrimonio do funcionari@, e polo tanto non pode ser obxeto de tributación nin retención por mor do imposto sobre a renda de persoas físicas.

Esto mesmo xa aconteceu na nomina de xuño do ano 2103, diusenos unha excusa que no entendeu niguén, e no pudemos recuperar eses cartos hasta que fixemos a declaración da renda no 2104.

Na nómina do mes de decembro do ano pasado se fixo correctamente, primeiro se fixo o descontó e despois se aplicaou a retención a cantidade resultante.  Como é posible que se volte a incidir no mesmo erro?. Por eso non podemos permtilo unha vez máis, xa dabondo nos maltrata a Administración con recortes que solo se producen en Galicia, como para ter que soportar a maiores unha retención ilegal.

Esiximos que se devolva canto antes, na nómina do mes que ven, as cantidades retidas de mais na nómina deste mes, sen excusas, do contrario  tomaremos como representantes do traballadores/as, as medidas necesarias para que polas boas ou polas malas se nos devolvan os nosos cartos.
     
Ver escritos co selo de presentación