Non cremos que o desconto do IRPF no CAT que non cobramos nesta nómina fose un erro, ou que foi culpa do programa que non pode discrimar as cantidades que nos "roubaron", nin deixar de imputar nos nosos haberes un complento. Non nos cremos unha palabra.
Ademáis, esto mesmo xa pasou fai dous anos, e daquela esa non foi a resposta, inventáronse unha fórmula que ninguén entendeu para intentar calárnola boca, xustificando con eso que o desconto estaba ben feito, eso sí despois recoñeceron que na declaración da renda do ano seguinte xa se compensaría o desaguisado, que detalle!.
E tamén lle debemos agradecer que a cantidade que nos imputaron na nómina e que non cobramos no 2013, despois se sacase dos ingresos anuais, que considerados!.
Agora dinnos, que todo ten arranxo, que o desconto do IRPF se vai a devolver aplicando un desconto menor en varias nóminas, non saben cantas, e que as cantidades imputadas e non cobradas non terán reflexo no recibo anual de haberes para a declaración da renda do 2016. Basta de contos, imos a esixir que se devolva o desconto ilegal do IRPF na nómina do proximo mes de xullo, como ten que ser, non permitiremos que se volvan a rir de nós.