Xa vai para un mes que comezaron as labores das Xuntas Electorais, e o mesmo que o ano pasado polas eleccións europeas, volve haber liberados sindicais traballando nas Xuntas Electorais cobrando o súa cantidade correspondente.
Eso sí, este ano solo é un, un dos liberados de SPJ-USO en Vigo, o ano pasado eran dous e os dous do mesmo sindicato SPJ-USO. Xa enton sacabamos una nota neste mesmo blog, criticando tal comportamento que era coñecido e consentido polo propio Sindicato.
Parece que tanto os delegados de esa organización sindical, como os seus dirixentes non son capaces de entender que os liberados están para traballar na mellora dos dereitos economicos e laborais do colectivo a quen representan, non para aproveitar a liberación para aumentar os seus ingresos, e ainda por riba quitarlle o sitio a s compañeir@s.
Nós non imos calar, non imos a ser complices dun comportamento que nos repugna como sindicalistas que somos, que ensucia ainda máis o sindicalismo, que envilece a quen se comporta dese xeito e máis a quen llo está a permitir, que denigra, por extensión, a tódalas organizacións, incluso as que non "trapicheamos co sindicalismo".
Nesto e en outras cousas parecidas botamos de menos o resto de sindicatos, non abren a boca, eles saberán.
Se cadra, este sindicato que permite tales comportamentos, ou ese liberado, sairan decindo que o chamou o Secretari@ ou os xuices da Xunta Electoral, que si te chaman e unha obriga legal acudir, que como levan moitos anos facendo o mesmo deben estar para enseñar ó resto da xente.....todos son contos.
Si están ahi é para beneficio deles, si non queren ir non van, si queren renunciar renuncian, sobra xente para eso, e sendo representante sindical ninguén te pode obrigar.
Enlace a nota