Hoxe temos a nómina no correo electrónico, e nela figuran dúas cantidades como devolución da paga extra do 2012, unha como devolución da paga extraordinaria e outra como devoluvión da paga adicional.
Desta vez a suma das cantidades é maior ca suma das cantidades que cobramos en xaneiro, sobre todo na devolución da paga adicional. Doutra vez cobramos como devolución da paga adicional 12 euros Auxilio, 13 Tramitación e 15 Xestión , hoxe cobramos cantidades moi superiores ente 55 e 70 euros máis brutos. En algúns casos tamén se aumentou uns euros a devolución da paga extraordinaria.
Xa o dixéramos en xaneiro, que daquela vez non nos deron o correspondente ó 12% dunha paga extra, que quedara sobre un 10,5%, para que nas dúas pagas fose o 24,04% desta vez debería ser máis cantidade, sobre todo na paga adicional.
Parece que está ben, entre as dúas pagas supoñen o 24,04% que marca a lei de devolución para este ano.