martes, 5 de mayo de 2015

Concurso de traslados 2015. STAJ remite escrito á DXX co fin de que inclúan novas prazas que botamos en falta na última relación de vacantes

Tras recibir este sindicato as prazas vacantes en Galicia para o próximo concurso de traslados, votamos en falta varias cousas: supresión de prazas na primeira relación e que deben ser incorporadas á relación definitiva.
Das prazas que solicitamos mediante escrito de 18 de marzo de 2015, hai prazas que si se incluíron na relación definitiva, pero hai outras que non as incorporaron.
Dada a urxencia acabamos de remitir vía email, e por valixa (con selo de entrada) un escrito dirixido ó Director Xeral de Xustiza co fin de que se incorporen todas as prazas que había na primeira relación así como novas prazas que seguen vacantes.
Temos que facer unha rectificación, non son solo 21 a prazas que saen de nova creación nas Fiscalías, como dixemos nun principio, son 23 sumando 2 en Vigo.
Sen embargo falta unha na Fiscalía Provincial de A Coruña, son 8 os reforzos e solo consolidan 7.
Ver escrito con selo de entrada