jueves, 30 de abril de 2015

Compensación ó persoal dos Contenciosos que teñan que tramitar recursos electorales en días inhábiles.

Fai unha semana STAJ remitiu unha solicitude á DXX pare que se procedese a compensar os compañeir@s que destinados nos Xulgados Contenciosos Administrativos, tivisen que tramitar os recursos interpostos en materia electoral en horario fora da xornada ordinaria, ou en días festivos, sabados ou domingos.
Propoñíamos que se lles compense economicamente mediante o uso de prolongacións de xornada, e subsidiariamente se lles compense as horas realizadas máis alo da xornada ordinaria, do xeito que dispón o artigo 12 da Orde que regula o noso horario:
- Dende as 17,30 ata 22 horas de días laborables se compensaría cada hora traballada con 2 horas.
- Dende as 22 ata as 7,30 do día seguinte cada hora con 2,5 horas, e o mesmo en festivos, sábados e domingos.
Pois ben DXX comincounos que non se vai a retribuir economicamente, se non que se vai a compensar en horas, tal como  permite a Orde que regula o noso horario.
Dende este Sindicato cremos necesario unha regulación especifica e concreta destas funcións, que recollan compensacións economicas e de horario, e así o proporemos á Administración para periodos electorais posteriores.
Vela a solicitude