jueves, 12 de marzo de 2015

STAJ apoia as mobilizacións iniciadas polos funcionarios/as do Rexistro Civil en contra da súa privatización.

O Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza -STAJ- apoia firmemente as mobilizacións iniciadas polos funcionarios en defensa do carácter público e gratuíto do Rexistro Civil e en contra da súa privatización imposta polo Ministerio de Xustiza.

STAJ 
continuará, como ven facendo dende hai meses, realizando todo tipo de actuacións e buscando o apoio de colectivos, partidos, e institucións, en contra do regalo a mans privadas dun servizo público que se veu prestando gratuitamente e coa máxima profesionalidade polos funcionarios da Administración de Xustiza.

Temos que estar todos nas roldas de prensa convocadas polos traballadores do Rexistro Civil na cidade de Vigo, hoxe dia 12 de Marzo as 11.30 horas no Colexio de Avogados e tamén na convocada na cidade de Pontevedra na biblioteca do edificio da Parda as 11.30 horas.

                 O REXISTRO CIVIL É PÚBLICO, É GRATUITO, É DE XUSTIZA.
                                NO PERMITAS A SUA PRIVATIZACION

                     
                                 ACUDIDE,  É POR NÓS, É POR TODOS…