viernes, 6 de marzo de 2015

NOVO MÓDULO DE PETICIÓN PERMISOS/LICENZAS/VACACIÓNS

No día de hoxe entra en funcionamento un novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles se fará a través do apartado persoal da oficina virtual, e na maioría dos casos, a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente, a anulación de solicitudes xa concedidas e a aportación da documentación xustificativa necesaria para cada caso.
 
Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, onde resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos, habilitouse unha ficha na que consultar a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución.
 
Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, no día de hoxe pode haber problemas para o acceso á OPAX a través do enlace habitual, problema que se atalla temporalmente, escribindo directamente na barra de enderezos: