A Xunta de Galicia
interpuxo no mes de setembro do ano pasado, Recurso en Interese de Lei contra a
sentenza de A Coruña e contra a sentenza de Ourense. O recurso contra a sentenza
de Ourense ía dirixido fronte ó recoñecemento total por parte de ese Xulgado da
Paga Adicional, paga que está regulada nunha Lei aprobada polo Parlamento
Galego, e polo tanto ese Recurso en Interese de Lei e competencia do TSX de
Galicia.
O Recurso contra a
sentenza de A Coruña está fundamentado na infracción de normas emanadas do
Estado que regulan a nosa paga extraordinaria, por eso o resolve o Tribunal
Supremo, cousa que aínda vai tardar en suceder.
A sentenza de Ourense
era a única en Galicia que concedía todos los conceptos da paga extra (paga
extraordinaria e paga adicional) nas suas contías totais.
Pois ben o TSX dictou
sentenza reducindo a Paga Adicional, e en vez de conceder toda a súa contía ( 6
meses ) solo otorga 1 mes e 9 días ( do 1 de xullo o 9 de agosto), deixando a
sentenza de Ourense igual que as de Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, etc.
Esto sucede porque o Parlamento Galego foi reunido de urxencia en Agosto de
2012, estando de vacacións, para modificar a Lei na que se recollía a Paga
Adicional, deixándomos sen esa cantidade para o resto de ese ano.
Deixámosvos a sentenza íntegra:
Ver sentenza TSX