martes, 28 de octubre de 2014

A EGAP non vai a convocar os cursos de Linguaxe Xurídica Galega.

Ante a tardanza da convocatoria dos cursos de Linguaxe Xurídica Galega por parte da EGAP, cursos que se anunciaron no Nadal do ano pasado, STAJ remitiu o 10 de outubro un escrito esixindo que eses cursos se convocasen de inmediato. 
A contestación da EGAP, en concreto do seu Secretario, deixounos abraiados, pois resulta que non van a convocar estes cursos porque teñen un conflito laboral cos profesores que ían impartilos, e polo tanto néganse a nomear profesores ou a formar a outros que os substitúan.
Isto sóanos a disculpa barata, e cremos que detrás disto está o aforro de cartos, sen que lles preocupe o máis minimo o que pase cos compañeiros/as que están a esperar estes cursos, que son indispensables na maioría dos casos para achegarse a Galicia, a unha localidade concreta ou para mellorar o seu posto de traballo.
Por qué éstes non se fan, e si se fixeron cursos de Linguaxe Administativa Galega?.
Lembrades que xa fai tres anos suspendéronse varias edicións de Linguaxe Xurídica por falla de cartos, pero ningunha de Linguaxe Administrativa.
A Secretaria Xeral de  Política Lingüistica e máis a EGAP están discriminando o persoal de Xustiza en relación co persoal da Xunta, e mentras tanto a Dirección Xeral de Xustiza non abre a boca, xa se ve o que  lles importa a formación do seu persoal.
Dende este Sindicato imos facer o posible para que estes cursos se convoquen, sabemos a importancia que teñen para tod@s vós.
Vela contestación da EGAP