lunes, 24 de marzo de 2014

STAJ esixe á DXX a creación de prazas de Fiscalía, Servizos de Apoio, Secretarias Coordinadoras e outras máis, e as ofreza neste concurso de traslado.

Xa o  ano pasado STAJ solicitou a DXX ( ver este mesmo blog o día 7 de marzo de 2103) que sacase no Concurso as prazas de reforzo das Fiscalías e do Imelga de Vigo, que aumentase as plantillas dos servizos de Apoio e sacase a concurso as prazas das Secretarias de Coordinación. Daquela botamos de menos que nengún dos outros cinco sindicatos de Xustiza pedise o mesmo, temos espranza de que este ano o fagan, eles sabrán. 

Hoxe voltamos a remitislle un escrito a DXX no que lle esiximos de forma urxente a creación de prazas para ser ocupadas por titulares de tódolos Corpos de Xustiza, e  as ofreza no vindeiro concurso. As prazas que se deben crear e sair no Concurso son as seguintes:
-Tódalas prazas que nas Fiscalias de Galicia están sendo ocupadas por persoal interino de reforzo, nalgúns casos por tempo moi superior os dez anos. É hora de rematar con ese sistema inxusto e ilegal.
-Tódalas prazas necesarias nas Fiscalías para poder acadar a ratio de un Fiscal/un Funcionario, que instaura o borrador do Decreto que regula a Nova Oficina Fiscal en Galicia.
-Tódalas prazas necesarias para ampliar ós Servizos de Apoio dependentes dos Decanatos das sete cidades galegas, debendo polo menos duplicarse a súa plantilla actual.Que se cree un Servizo de Apoio aos Xulgados de pobos e vilas de cada provincia, dependente da Audiencia provincial correspondente, e se ofrezan esas prazas no concurso de este ano.
-As prazas que están sendo ocupadas por persoal interino de reforzo no Imelga de Vigo e no Decanato de Ourense, e noutros Órganos e Servizos de Xustiza en Galicia, que tamen levan anos cubertas de forma irregular.
-Que a DXX solicite ao Ministerio de Xustiza, por selo Órgano competente, a creación das prazas necesarias para prestar servizos como titulares nas Oficinas das catro Secretarias Coordinadoras de Galicia, que levan sendo ocupadas ben por titulares elixidos a dedo ou por interinos dende fai case sete anos.

Noutro escrito que estamos a preparar, pediremos que se amplie a relación das prazas do Concurso, con outras que estando vacantes non estan na lista, e con outras que estan a piques de quedar vacantes por xubilación.

Ver escrito presentado