Dende a modificación da LOPJ en Decembro do ano pasado, ó persoal de Xustiza de todo o Estado, se nos quitaron 6 moscosos, máis os días por antigüedade, tanto nos asuntos propios como nas vacacións.
Este feito produxo un " agravio comparativo" que nos perxudica, pois a Administración Xeral do Estado, e a outros moitos colectivos de empregados públicos, só lle quitaron 3 días.
O propio Ministerio de Xustiza, que xa sabedes canto nos quere, acaba de recoñecer esa discriminación, e para rematar coa mesma, vai concederlle ós seus funcionari@s o disfrute de tres días máis de asuntos propios, que xa poderán coller este ano ata o 31 de Xaneiro. Este aumento nos "moscosos" non vai ligado a traballar horas por riba do horario establecido, nin contraprestación algunha.
Pensamos que é hora de que a DXX mova ficha no mesmo sentido, por iso, onte lle remitimos un escrito onde solicitamos que, ó persoal de Xustiza de Galicia se lle concedan os mesmos días por asuntos propios, que o Ministerio de Xustiza lles concede o seu persoal, sen que esto afecte a posibilidade, que xa existe, de disfrutar 3 días por acumulación de horas traballadas demáis.
Por suposto non nos conformamos con isto e seguiremos loitando para acadar tódolos dereitos laborais e retributivos perdidos ata o de agora.