Publicado na INTRANET DE XUSTIZA:
"O
vindeiro martes 19 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 28
de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve
definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios
dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación
procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza,
anunciado pola Resolución do 15 de abril de 2013.
Segundo
a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura
ou delegación territorial correspondente ao destino. Por cuestións
organizativas, agradeceríase a formalización das tomas de
posesión entre as 9.00 e as 11.00 horas e a dos cesamentos entre as 12.00 e as
14.00 horas de luns a venres. (Fóra destas franxas horarias o acceso ás
dependencias dos respectivos servizos de persoal de xustiza pode ter
restricións.)
Á
marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de tramitación o día
26.11.2013, auxilio e xestión o día 03.12.2013), no caso de que un funcionario
reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén
obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de
posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo
posesorio.
No
caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades
dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de
posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de
acordo coa resolución de adxudicación.
Co
fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación
que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar
os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun novo posto*.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
Fotocopia DNI
Ficha de recollida de datos( personais e
bancarios).
Fotocopia da tarxeta sanitaria
(unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e/ou tarxeta de Muxexu
Certificado de haberes
Certificación ou copia dos trienios
Certificación das vacacións e días
gozados na Administración da que procedan
Modelo 145(IRPF)
Persoal destinado na comunidade:
Fotocopia DNI
Ficha de recollida de datos( personais e
bancarios).
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo
destino fóra da C.A. de Galicia,
no momento de formalización do cesamentodeberán facer entrega da tarxeta de
identificación persoal e de control horario, asinando o impreso acreditativo de
tal circunstancia. No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por
reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a prestar
servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao
correspondente servizo de xustiza.
*No caso de non estar
en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse coa maior brevidade
posible ao correspondente servizo de xustiza."