Convocados, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso.
O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O alumnado que aspire a participar nos cursos de linguaxe administrativa galega engadiralle ao modelo de solicitude o xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar.
ORDE do 13 xuño de 2011 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas
Artigo 5. Equivalencias e validacións.
1. Serán equivalentes entre eles, por unha banda, o curso medio de linguaxe administrativa galega e o curso medio de linguaxe xurídica galega, e por outra, o curso superior de linguaxe administrativa galega e o curso superior de linguaxe xurídica Galega. A súa equivalencia recoñecerase sen que se faga precisa a súa validación pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.