lunes, 30 de septiembre de 2013

Asambleas Galicia: intentaremos que sexan máis que informativas.

Como sabedes Staj Galicia conta con tres persoas con disponibilidade horaria (dúas liberadas e unha con horas que non alcanzan a liberación total) en toda a Comunidade, (hai Sindicatos que contan con 3 liberados nunha mesma localidade). Un de nós, JOSE, tiña programado dende fai meses unha viaxe ó extranxeiro, e marchou o martes pasado hasta mediados de Outubre.

Esto vainos impedir estar en tódalas Asambleas, pero cremos que tampouco é necesario, que en Partidos xudiciais que teñan 1 ou 2 xulgados, se trasladen 6 ou máis sindicalistas. Pensamos que habería que repartir as localidades, e non trasladarse máis de 2 ou 3 persoas. Primeiro porque así se poderían facer máis asambleas cada dia, e rematar antes do 18 de Outono coas mesmas, o tempo é ouro se queremos loitar  eficazmente contra o recorte da Xunta, e segundo porque non queda ben que nunha Asamblea haxa tantos ou máis sindicalistas que funcionarios/as.

Nós pretendíamos que para as Asambleas se levasen xa, unhas movilizacións acordadas entre tòdolos Sindicatos, co gallo de non perder tempo, e someter esas movilizacions o voso parecer, sen ter que facer primeiro Asambleas informativas, despois decidir sindicalmente que movilizacóns levar a cabo e por último facer unha "enquisa" para ver que vós parecian as mesmas. Tamén pretendíamos separar o recorte de Feijoo, que non o sofren no resto do Estado, dos recortes e reformas de Madrid, e actuar contra a merma das pagas extras de maneira prioritaria e urxente; de ahí aquela reunión sindical que tentamos facer en Santiago e a que no acudiu ningún outro sindicato. 

Dende o primeiro comunicado anunciando as Asambleas, publicado o día 20, notamos un cambio que APLAUDIMOS, en canto o fin das mesmas. No primeiro comunicado parecían ser solo Asambleas meramente informativas, decía literalmente:para explicar a repercusión que terán todas as medidas de recortes, proxectos de lei, anteproxectos sobre el servizo público da xustiza, os dereitos laborais dos traballadores (funcionarios e persoal laboral) e sobre os cidadáns", tampouco se referían os recortes da Xunta. Nos siguintes comunicados, eso foi mudando,(se cadra unha pouca responsabilidade nese cambio é nosa, pero solo unha pouca), e xa pasaron a decir textualmente, :"O obxectivo das asembleas é acordar un calendario de mobilizacións consensuado con vós, para loitar contra a degradación das nosas condicións laborais e retributivas da maneira máis contundente".

Ese cambio no obxectivo das Asambleas gústanos e a partir de hoxe acudiremos a todas aquelas que poidamos. Estamos a espera de que nos remitan o calendario ( lugar, data e hora) das Asmbleas de toda Galicia, hoxe fai 4 días que llo pedimos, para poder saber con tempo e poder planificar a cales acudimos.

Non estaría de máis, que o noso logo figurase nos carteis que anuncian as reunions, ainda que non nós sorprendería que todo siga igual, visto a campaña de "ninguneo" que se está a practicar en Galicia con STAJ. 
Esto que pedimos é o que está a pasar nos resto de  Territorios, donde se agrupan dende a principio, e en igualdade de condicións a tódalas forzas sindicais, estén o non na Mesa Sectorial. Que teñen que ver coa mesa Sectorial as Asambleas e as movilizacións?.
Para mostra a Plataforma de Asturias, donde STAJ é maioritario, con 10 dos 23 Delegados, e donde se  integran e deciden os 6 Sindicatos, dous deles sin estar na Mesa.
  Ver comunicado Plataforma de Xustiza de Asturias