Onte a ultima hora da maña saliu publicado no OPAX a oferta para persoal interino, dos tres Corpos, para que ocupen as prazas dos Xulgados de Reforzo de A Coruña e Vigo. Este persoal vai a destinarse os Servizos de Apoio dependentes dos Decanatos da cada cidade, e dende este servizo pasarán a traballar nos Xulgados de Reforzo. Vanse a seleccinar 6 persoas, 2 Xestores/as, 3 Tramitadores/as e un/unha do Corpo de Auxilio por cada órgano xudicial.
Ata pouco antes da publicación da oferta para persoal interino, a DXX estuvo a enganar a este Sindicato, dando a entender que non había nada decidido e que a posibilidade de nomear persoal titular en Comisión de Servizos era a opción que máis pesaba, agora estamos seguros que xa o tiñan acordado dende días atrás.
Como sabedes pedíramos que estas prazas se cubriran por Titulares, de dentro e de fóra de Galicia, en Comisión de Servizos, e despóis esas prazas por persoal interino, dándolle así a oportunidade ós Titulares que quixeran traballar néstes órganos de reforzo, sen nengún perxuizo para os interinos, que ocuparían as prazas que deixasen os nombrados en Comisión de Servizo.
Xa vedes o pouco aprezo que teñen na DXX polos Titulares, que non se molestaron o máis mínimo en atender unha petición, que nin perxudicaba a ninguén, nin supoñía atraso no nomeamento, nin apenas traballo para a súa seleccion.
Este Sindicato vai a seguir loitando para que esas prazas se ofrezcan en breve en Comisión de Servizo, lembremos que estes xulgados van estar operativos polo menos un ano, e que as prazas que deixen os así momeados en Galicia, sexan ofrecidas en Sustitución, antes de ser cubertas por Interinos.
Neste asunto volvemos a botar de menos unha laboura sindical seria dos Sindicatos que se sentan na Mesa de negociación, a maioría deles non dixeron nin palabra.