Tal e como vos anunciáramos, e ante a insólita falta de explicacións e de recoñecemento dos erros cometidos pola DXX, hoxe presentamos un escrito para ESIXIR A DEVOLUCIÓN INMEDIATA DAS CANTIDADES QUE NOS" ROUBARON" DA NÓMINA DE XUÑO.
Estamos CABREADOS, igual que tod@s vós, non só polo comportamento da DXX, que da a calada por resposta, senón tamén por que este" desaguisado" SÓ PASOU CO PERSOAL DE XUSTIZA, ó resto do persoal da Xunta a nómina veulle ben, cada vez estamos máis convencidos de que o fixeron a posta.
Como sabedes, o Director Xeral convocou unha Mesa Sectorial para tratar este tema, nós pensamos que NON HAI NADA QUE NEGOCIAR NA MESA SECTORIAL, e o que corresponde é devolver, como máximo na nómina do mes de Xullo, as cantidades retidas a maiores sen xustificación legal.
Dende este Sindicato pedismoslle as Organizacións Sindicais presentes na Mesa que rexeiten calquera negociación, e esixan a devolución inmediata dos cartos, son nosos e non cabe negociacón de ningunha clase.
Lembrámosvos os "roubos" cometidos:
- Retención do IRPF sobre o total, incluindo as cantidades non pagadas da Extra.
- Descontos, a maioría dos Xestores e Tramitadores, por enriba do CAT, en concreto 475 euros e 443 euros respectivamente, o CAT son 427, estas cantidades a maoires non nos las poden quitar, non son da súa competencia, solo podería quitarnaslas a Admón do Estado.
- Dobre desconto no IRPF, MUGEJU e Dereitos Pasivos a tod@s aqueles que pediron o adelanto da metade da Extra en Xaneiro.