O pasado xoves día 4, tivo lugar unha Mesa Sectorial, na que se trataron os seguintes temas:
- Nóminas de mes de Xuño.
- Nova Orde Interinos.
- Regulación das IT.
Non sabemos porque os Sindicatos asistentes a Mesa non sacaron, de momento, unha Nota Informativa, para que todo o mundo soupese que dixeron na Dirección Xeral da Nomina de Xuño e dos restantes temas.
Pois ben, nós que como sabedes non asistimos a Mesa, e vámosvos a contar o que a DXX, lles explicou, e que o venres a última hora nos trasladou a nós por teléfono.
Con respecto a Extra de Xuño, a DXX dixo que non houbo ningún problema, que está ben, que Facenda así llo había comunicado e que si para Facenda está ben, na DXX non poden facer nada. Intentaron explicarnos porque se lle aplicou o IRPF, Dereitos Pasivos e MUGEJU as cantidades que non cobramos, e máis a aqueles que cobraron a Extra anticipada, se lles aplicou o IRPF a toda a Extra, pero contaronnos tal "rollo", que nos non fomos capaces de entender nada, de feito na DXX tampouco o entenden moi ben. Intentaremos que Facenda nos dé unha explicación clara e convincente, tan pronto a teñamos xa vola pasaremos.
Tamén nos dixeron que as cantidades descontadas a maiores do CAT os Tramitadores e Xestores se fixo porque en Xaneiro e Febreiro nos se lles descontou nada, pero eso non era así, pois as cantidades que se descontaron dende a nómina de Marzo, xa se habían calculado para descontar nos 10 meses que quedaban do ano 2013, estaremos atentos a que non nos desconten máis que aquelas cantidades que nos dixeran para cada un dos Corpos.
Solo recoñeceron erros nos descontos aplicados os Interinos que empezaron a traballar despois do 1 de Decembro de 2012, e que non tiñan dereito a cobrar toda a paga Extra, os descontos tiñan que prorratealos e non aplicarlle o desconto completo, a algúns descontaronlle 440 euros e solo cobraron 220 de Extra. Pois ben aseguráronnos que se lles vai devolver o descontado de máis coa nómina de Xullo.
Con respeto a nova Orde de Interinos, poucos cambios vai haber con relación o borrador que xa publicamos neste Blog o 30 de Abril, e non se preve que a convocatoria da nova Bolsa ata finais de Septembro ou primeiros de Outono.
Co relación as ITs, seguese negociando para ampliar os supostos donde non haberá descontos, MENTRAS ESA REGULACIÓN NON SE PUBLIQUE DIRON ORDE DE NON DESCONTAR A NINGUÉN QUE ESTE DE BAIXA, sexa polo que sexa, e dure o que dure a baixa.