viernes, 15 de febrero de 2013

Noticias de Ultima Hora

A DXX comunicounos que é a súa intención, manter a Orden que regula a xornada laboral e o horario, tal e como está, sen apenas modificacions durante o 2013, nos vamos intentar arañar algo de que se perdeu nos últimos anos, xa sabedes: horario fixo de 5 horas e media, posibilidade de fichar ate as 8 da tarde, horario de veran de 6 horas e ate as 6 da tarde,etc. imos mandar un escrito solicitando que se teñan en conta estas reivindicacións.

Teñen pensado, o igual que sucede para Admón Xeral do Estado, que este ano poidamos disfrutar de 4 moscosos, por aquelo de que o 12 de outono cae en sábado. Tamén  queren aplicar a posibilidade de que cando o 24 e 31 de decembro caian en fin de semana, se nos compense con dous días a maiores.

Están abertos a posibilidade de que 5 dos días de vacacións se disfruten, a vontade do funcionari@, de forma solta, e se poidan unir os moscosos, nos vamos a pedir que poidan ser máis de 5,  ate 10.

Por último, queren que nos poidamos acoller a una licenza, que xa funciona no Admón Xeral do Estado, para o cuidado de fillos con cancro uo autra enfermedad grave, esta licenza tería  unha duración igual a do tratamento a que haxa  que someter o enfermo, e sería retribuida, e acumulable.