A DXX acaba de publicar na Intranet a siguinte información relativa aos ceses e tomas posesión no concurso de traslado, parece que no non tiñan moi claro, e van sacando cousas novas cada día.
"O vindeiro mércores 21 publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 30 de abril de 2012.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino, e non no órgano xudicial como se viña facendo ata o momento. Por cuestións organizativas, agradeceríase a formalización das tomas de posesión entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 de luns a venres. (Fóra destas franxas horarias o acceso ás dependencias dos respectivos servizos de persoal de xustiza pode ter restriccións).
Á marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de tramitación o día 26/11/2012, auxilio e xestión o día 03/12/2012), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa Resolución de adxudicación
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territorias precisan para abrir ou completar os expedientes personais.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
· Fotocopia DNI
· Ficha de recollida de datos (personais e bancarios)
· Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta de
MUGEJU.
· Certificado de haberes.
· Certificación ou copia dos trienios.
· Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan.
· Modelo 145 (IRPF)
· Solicitude de tarxeta de identificación persoal e fotografía actualizada.
Persoal destinado na comunidade

*No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse á maior brevidade posible ao correspondente servizo de xustiza.