martes, 20 de noviembre de 2012

Aclaración sobre o Control Horario.

Recibimos a seguinte comunicacion da Direccion Xeral de Xustiza, na que nos aclaran, que sobre as 7,50 horas da xornada laboral establecida, non consideran incumprimento da mesma a ausencia de 30 minutos cada día:

"Ante as consultas recibidas respecto do control horario unha vez publicada a Orde do 7 de novembro de 2012,comunícase que, segundo o acordado en Mesa Sectorial, non se considerará incumprimento do horario, ata un máximo de 30 minutos diarios sobre a totalidade da xornada en cómputo semanal, sempre que o dito período de tempo non afecte ao horario de obrigada presenza.
Esta información publicarase tamén na intranet de xustiza."